ROSA DOS VENTOS DE JAIRO IGLESIAS XA TEN PÁXINA WEB
A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA MEDIADOS DE MAIO A curtametraxe Rosa dos ventos escrita e dirixida por Jairo Iglesias xa dispón de páxina web na dirección www.rosadosventos.es con toda a información sobre a cinta. Ata o momento o director santiagués redactaba as vivencias do equipo a través dun diario de rodaxe que seguirá funcionando na web oficial. Nesta produción participou un impresionante reparto actoral coñecido no panorama audiovisual galego: Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán. A curta narra a unha historia de amor e soidade na costa da morte. “O marido de Rosa non está. Levouno o mar. A chegada á vila de Sara fará que Rosa se atope cara a cara co paso do tempo” en palabras do realizador. Comeza así a campaña de promoción que semana a semana irá desvelando os segredos da curta ata a estrea prevista para mediados de maio en Malpica, Coruña e Santiago de Compostela. A curtametraxe conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon, Recreativos Ogeppik, Dobleclic.info, Gadisa e Alcomte Galicia.



Edward D. Wood Jr... Máis coñecido coma Ed Wood, foi un director de cine do máis peculiar e apaixoado. Quizais non tiña os medios, o equipo, os actores, as millores técnicas, pero a súa ilusión superaba con creces o seu talento. Era capaz de realizar máis de trinta esceas nunha soa noite. Dicir corten sen pestanexar quedara como quedara ó final, para el o importante era acaba-la película canto antes... 

Se queredes escoitar a canción, tedes o reproductor de Castpost enriba, baixo o texto de benvida do weblog.


Exames, exames e máis exames...